No tengo que entregar ninguna
tarea.
LINGUA GALEGA.
En lingua galega vos deixamos algunas actividades en torno ó bloque de
gramática e tamén un exercicio de expresión oral.
GRAMÁTICA:
Para traballar a gramática nesta quincena, escollimos como protagonista
ó verbo.
Deste xeito, atoparás teoría combinada con diferentes exercicios nesta páxina
interactiva sobre esta categoría gramatical:
E para practicar, propoñémoste as seguintes actividades:
As actividades teñen solucionario.
EXERCICIO DE XPRESIÓN ORAL (IMPORTANTE):
Ano 2045, Planeta Terra. Un novo
virus, o CAPUM-45 expándese por todo o planeta. Todo é caos e descontento, medo,
temor,...; pero, ti recordas que non é a túa primeira pandemia, porque xa
viviches o COVID-19 e de pronto, non o ves tan complicado... Reúnes a túa
familia, e sácaslle o po a un vello USB.
- Que é ese chisme?-
pregunta túa filla (coma o escoitas, en 2045 tes 36/37 anos, dous fillos,
traballo, hipoteca,...).
- Esto é algo que fixen
para o meu colexio, o CEIP Mestre Martínez Alonso cando estaba en 6º curso. Xa
verás coma nos vai servir para levar mellor este confinamento.-contestas
mentres intentas conectar o vello artefacto.
CONTINUARA...
A vosas titoras, María José e
Elvira, gustaríanos plantexarvos unha actividade de expresión oral na que nos
contedes que aprendístedes durante este confinamiento que vos poida axudar no
futuro.
A actividade consistirá en gravarvos nun vídeo de non más
de 1 minuto
contando o que aprendístedes dende a vosa vivencia, porque queremos que en
2045 vos podades ver do mesmo xeito que nós vos vimos: loitadores e loitadoras,
traballadores, superando dificultades e con ganas de saír adiante.
É importante que o vídeo sexa
grabado en horizontal, porque o usaremos para algo moi especial. Se te grabas cun teléfono
móvil, colócao coma podes ver na seguinte imaxe:
Aproveita para dicirte a ti
mesm@ o que che gustaría escoitar polas túas propias verbas. É coma unha carta aberta ó futuro.
Para os máis e as máis tímid@s, recordarvos que non fai falla que
salgades vós en primeiro plano, soamente queremos que vos quede este recordo
e parécenos moi importante polo que supón. Igualmente, recordarvos a
importancia da expresión oral, que fumos traballando ó longo dos últimos anos
con presentacións de todo tipo. Por favor, vos pedimos que vos esmeredes nesta
actividade. É importante!!
ALGÚNS PUNTOS A TER EN CONTA:
-
Comeza o vídeo con estas palabras:
Querid@ XXXXXXXX, tes que
saber que neste confinamento aprendín....
Onde pon XXXXXXXX tes que dicir TEU
NOME!
-
LEMBRA!! Non máis de 1 minuto!!
Breves e ao grano! Un titular que resuma a túa aprendizaxe.
- Pon o teu lado máis declamativo neste exercicio.
RESUMO DE ACTIVIDADES A ENTREGAR.Soamente o vídeo de expresión oral. O resto ten solucionario. |
Comentarios
Publicar un comentario