Nesta quincena, en valores, propóñovos unha actividade sobre os sentimentos e emocións. A
análise de sentimentos e emocións axúdanos a entender mellor as nosas
conductas, así coma a comprender os procesos emocionais nos que estamos en
momentos coma neste confinamento.Ademáis vos deixo as actividades da profe Candela de relixión.
Educación en valores.
17 PINTURAS PARA TRABALLAR CON EMOCIÓNS E SENTIMENTOS.
Para facer a actividade terás que acceder a esta dirección web onde atoparás
un escrito sobre diferentes emocións e sentimentos dende o punto de vista da
arte:
Unha vez fagas
esta lectura, terás que escoller seis sentimentos ou emocións e buscar obras de arte
que as representen (non valen as do texto). A continuación, deberás facer un documento de Word, Docs ou Libre
Office onde pegues esas imaxes co nome da emoción ou sentimento que te suxiren.
Se non tes a posibilidade de facelo deste xeito, podes enviar un correo
adxuntando as imaxes co nome do sentimento/emoción en casa imaxe.
RESUMO DE ACTIVIDADES A ENTREGAR:
· Tarefa que
teño que entregar: documento coas imaxes e os nomes das emocións ou
sentimentos escollidos.
·
Cando? Antes do día 25 de maio, pero prefiro que vaiades
enviando as tarefas conforme as fagades para que me sexa máis levadeiro o
proceso de corrección.
Educación relixiosa:
Déixovos ademáis unha enlace coas actividades que deixou Candela na aula virtual.
Comentarios
Publicar un comentario