Educación artística e educación física (quincena del 11 al 24 de mayo)
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
As artes e a educación física que non falten neste confinamento:
EDUCACIÓN ARTÍSTICA:
Educación plástica:
Nesta quincena, na Educación
Artística, déixovos unha
actividade plástica para traballar a corrente do Neoplasticismo dende a
figura de Mondrian, coñecido polas súas obras de arte xeométricas cheas de horizontalidade e cores primarias.
Piet Mondrian.
·Pintor holandés, segundo fillo nunha familia de
cinco irmáns.
·Comezou pintando paisaxes en tonalidades grises e
verdes.
·Viaxa ata París, onde empeza a experimentar con
cores máis brillantes e trazos horizontales.
·Desfaise da curva e crea un novo movimiento, o
neopasticismo.
Algunhas das súas obras máis
representativas:
Agora tócate a ti facer o
teu propio Mondrian.
Non tes por que empregar unicamente
as cores primarias, tes total libertade para empregar a paleta de cores que
queiras, pero propoñémoste este exercicio da fotografía por se te serve de
inspiración.
Para replicar esta
manualidade podes empregar material de refugallo, por exemplo, unha caixa de
cartón, o que queiras que aguante a cinta que lle dará a túa creación esas
liñas tan características.
Educación musical:
E para esta quincena tamén tes unha tarefa de práctica do ritmo mediante utensilios que podes atopar na túa cociña: vasos, culleres, botellas. E ademais, a maiores, un proxecto para crear o teu propio botellófono, coma o que temos na aula de música.
Comentarios
Publicar un comentario