¡Primeiro día do curso... virtual!

Ola a todos!

Hoxe iniciamos as clases dun xeito histórico e sen precedentes, distanciados e nalgúns casos incomunicados, pero pouco a pouco estaremos todos e todas presentes neste lugar.

Para o día de hoxe, lembra que tes unha tarefa por realizar que che conto nesta entrada de benvida. Soamente terás que ler a entrada e ver os vídeos explicativos sobre este blog, para que saibas manexalo á perfección. Además, ao final da entrada propóñote unha actividade que consiste en deixar un comentario nesta mesma. Está explicado nos vídeos.



Pero, para aqueles con máis ganas de traballar, estas mentes inquedas que non paran e precisan de tarefas e retos diarios, deixei tamén un apartado de enriquecemento curricular. Pero, soamente para aqueles que non sabedes que facer, pois non son tarefas obrigadas. Este apartado aparecerá na barra lateral do blog, pero tamén chas enlazo aquí (preme).

(NOTA: Lembra que as frases ou palabras 
que aparecen en cor verde son links 
que te levarán a outras páxinas ou seccións)



Tamén vos deixei unha sección de gomets virtuais, que darei cada venres. Non vaiamos a perder as boas costumes!!

Ademais, desde a Biblioteca do cole vos propoñen a seguinte actividade: #EuLeoNaCasa. Preme no link por se queres sumarte.

Por último, mañá comezamos. Hoxe tentarei que todos estemos conectados, pero esta semana e a vindeira soamente deixarei tarefas moi sinxelas relacionadas coa competencia dixital. Así que comezaremos de vagariño, pero por se tedes tempo libre vos animo a que comecedes con estas tarefas que vos recomendo.

Un abrazo enorme e moita forza!

Comentarios

  1. Respuestas
    1. Ola, Isma! Alégrame moito a túa mensaxe. Podes tentar acceder as actividades colgadas nas diferentes entradas ou na sección de enriquecemento curricular. Ánimo! Estalo a facer moi ben!

      Eliminar
  2. Hola,son Simón, eu empeceí hoxe as actividades, estrañobos ,un saudo e unha aperta Simón.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben, Simón! Moito ánimo! Estou segura de que os teus compañeros tamén te botan moito de menos!!

      Eliminar
  3. Hola, son Adrián, eu xa acabei mate, o traballo da película, e só falta inglés . Un saúdo para todos os meus amigos e para ti tamén. ¡¡ Bótote de menos!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben, Adrián! Estás a traballar moitísimo e alégrome moito, moito. Lembra que podes enviarme o teu traballo de lingua para correxircho. Eu tamén vos boto moito de menos!!

      Eliminar
  4. Hola, soy Héctor, un saludo a todos!

    ResponderEliminar
  5. Hola son Martín e estráñovos moito.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Martín! Estou convencida de que os teus compañeiros tamén te botan moitísimo de menos!

      Eliminar

Publicar un comentario