Nova tarefa de plástica: O Guernica.

Hoxe vos propoño dentro do noso proxecto de plaxios, máis que un plaxio, unha profanación. Imos poñer cor nun dos cadros máis representativos da pintura española de todos os tempos, O Guernica.


O Guernica é un dos cadros máis universsais da pintura española e universal. Xunto coas Meninas de Velázquez, pode que sexa a obra de arte máis coñecida do noso repertorio artístico. É un cadro que coma sabedes pintou Pablo Picasso durante a Guerra Civil española e fai referencia ó bombardeo que sufriu a vila de Guernica no Pais Vasco. Por iso o pintou en tonos negros e grises, máis é un cadro que Picasso concebiu para facer unha homenaxe as víctimas do bombardeo e a idea de paz.
 
É un cadro mural o cal quere dicir que ten grandes dimensións e ten forma rectangular. De feito mide exactamente 3,49 x 7,77 metros.

Atópase no museo Reina Sofia de Madrid. Lémbrovos que dende aquí podedes facer unha visita virtual polo museo e investigar sobre esta obra que te deixa sen respiración!


Actividades co Guernica.


Agora é o momento en que te toca actuar. Picasso, que foi un pintor moi colorista, escolleu o branco e negro nesta cocasión para representar a dor da guerra no seu gran mural. Pero ti, co material que te deixo vas darlle cor a súa obra.

Deixo algún material que podes fotocopiar se tes impresora. Máis se non tes, non pasa nada! Podes centrarte nunha figura e debuxala ti mesmo, calcala do ordenador, pintala co programa paint ou ben con outros programas de edición de imaxe que xa coñeces coma Piktochart ou Canva (lembra que para empregar estes programas tes que ter un usuario na páxina), o que ti queiras!! Déixote total libertade!

Tes o material para inspirate e traballar aquí!


Comentarios