Estas son las actividades recomendadas para la semana del 30 de marzo al 3 de abril.
Tarefas e actividades extracurriculares para o período de confinamento
(semana do 30 de marzo ao 3 de abril).
Elvira Fernández Pena
6º curso | Educación Primaria | 30/03/20
SENTIR QUE SOMOS UN EQUIPO.
Ola,
familias! Cómo estades? Esperamos que todos moi ben e que na medida do posible
estedes pasando estes días sen incidencias sanitarias.
Antes
de deixar a tarefa para os días vindeiros, me gustaría a nivel persoal deixar
claros algúns puntos para traballar en equipo docentes e familias:
- Coma non sabemos quen de vós está a recibir as tarefas para este confinamento, vos pedimos un pequeño esforzo que non levará máis de tres minutos. Trataríase de confirmar no meu mail, que puidéstedes descargar a información e que tedes acceso a Internet e medios tecnolóxicos para que os nenos e as nenas poidan traballar. Simplemente, escribindo algo así coma: “Recibín”, “teño acceso”, ou calquera mensaxe breve que non vos supoña moito traballo. Se a maiores, me queredes contar coma vos vai o calquera dúbida, todas as mensaxes son ben recibidas. Tamén poden escribir vosos ou vosas fillos/as. É IMPORTANTE. Deste modo podo facer un listado de contacto para comunicarme con vós e traballar xuntos no caso de que se dé a polémica brecha dixital.
- As tarefas que envío son extracurriculares, entendendo que nun nivel ético non me permito dar materia nova (contidos) sen estar presente. Esta é unha opinión persoal. En todo caso, non son avaliables. As notas da segunda avaliación serán o resultado das medidas e rexistros tomados do tempo presencial de clase.
- Se mirades aos vosos fillos agobiados, saturados ou ben decaídos por causa deste tipo de tarefas, prefiro que non as fagan. Son tarefas a nivel competencial, é dicir, para traballar habilidades e destrezas básicas e necesarias no rango de idade dos nenos e das nenas.
- Deixade as preocupacións sobre o futuro educativo para máis adiante, agora é tempo de familia. Se estades ansiosos, aténdovos no correo e ofrezo toda a información de que dispoña. Estou aquí para todos vós.
Proxecto de competencia lingüística.
Para
estes días propóñote outo proxecto relacionado coas áreas lingüísticas.
Trátase do visionado da seguinte película de orixe francesa: “La familia
Bélier”.
O
filme ten algún contido pouco apropiado para vós (palabrotas e algunha escena
algo subida de tono), pero está recomendada para todos os públicos. O que me
interesa é a mensaxe que vos traslada.
Podedes
aceder á película na seguinte ligazón, e recoméndoche
moito que a vexas en familia:
Terás
que descargar ambos os dous arquivos, pois un deles é de subtítulos, e logo
darlle o arquivo de vídeo. Podes ver a película nun ordenador, ou ben copiar os
arquivos nun pen e conectalo ó televisor, se este ten entrada para USB. Se tes
algunha dúbida, ou non tes medios, podes preguntarme no mail e buscamos unha
solución.
Unha
vez fagas o visionado da película, terás que facer un traballo escrito, que
consistirá en cumplimentar os seguintes campos. Podes facelo nun documento de
word e envialo ao meu correo para facerche a corrección, ou ben, no teu caderno
e enviarme una fotografía, se queres que o corrixa.
COMENTARIO DA PELÍCULA:
Cumprimenta
os seguintes campos:
·
Título:
·
Director:
·
Actores
principais:
·
Tema (resume
nunha soa frase a temática principal da película).
·
Situación (situa
no espazo e no tempo o filme).
·
Argumento (entre
7 e 10 liñas).
·
Persoaxes
principais (nomea os persoaxes principais, aportando unha cualidade fundamental
de cada un deles).
·
Opinión persoal.
· Se ti foses
Paula, ¿qué decisón tomarías? Quedarías coa túa familia, ou irías a París?
Xustifica a túa resposta (entre 4 e 7 liñas.).
E
xa está. Desfrutar do cine e escribir. Pero, ollo! Este proxecto feito a todo
correr non ten sentido. Faino a conciencia e emprega o tempo necesario para traballar
no cuestionario.
Máis
enlaces por se queredes afianzar o traballo das linguas:
- http://www.comodicequedijo.com/# ¿Cómo dice que dijo? Xogo online para traballar a ortografía na lingua castelá.
- https://www.testeando.es/ Testeando. Tests sobre diferentes materias que te darán una idea de cuánto sabes sobre elas.
- https://www.leoteca.es/ Leoteca. Rede social para lectores.
Proxecto de competencia cultural e artística.
Para
eses tempos de ocio nos que non saibas que facer, propóñote que continúes co
proxecto artístico plástico do plaxio de obras de arte que temos na aula. Déixote
dúas propostas de Keith Haring para que realices coa técnica que queiras.
Procura esmerarte, non facer por facer, déixate levar pola creatividade e
reinventa. Non tes que empregar as mesmas cores, nin facelo igual.
Keith
Haring
· Naceu en
Pensilvania en 1958 y finou en 1990.
· Traballou na
cultura do pop art, pero fíxoo despois de Andy Warhol, que xa traballamos este
ano.
· Foi grafiteiro, o
cal ten moita inflenza no seu taballo.
·
Foi un precursor
da arte urbana.
·
O seu pai foi
caricaturista e sempre estivo moi relacionado co debuxo de liñas simples.
Propóñote
dúas opcións para replicar, ou ben inspirarte na túa propia creación:
No
ámbito da música, tes actividades de repaso nesta lista de reproducción:
Por
último, deixo un taboleito de Pinterest con máis de 1000 manualidades, por se
queredes ter un rato agradable, creando arte (nada obrigatorio):
Proxecto de competencia social e cidadá:
Para o alumnado de Valores, pero
válido tamén para o alumnado con ensinanzas relixiosas:
·
10 anuncios publicitarios para traballar a
motivación, tan necesaria nestes tempos incertos: https://www.atencionselectiva.com/2016/03/10-recursos-publicitarios-para-infundir.html
Pódese facer o visionado en
familia e debatir a continuación sobre o contido. Non é necesario ler o texto,
soamente ver os anuncios.
Ánimo, familias. Estamos en
contacto. Non esquezades a confirmación polo email. Grazas pola vosa
colaboración.
Comentarios
Publicar un comentario