Estas son las primeras actividades del período de confinamiento, por si no has podido acceder a ellas. Si no las has hecho, pueden servirte para mejorar tu destreza lectora, tu comprensión, tu habilidad escritora, o simplemente para tu tiempo de ocio.
Traballaremos con estas obras:
No
ámbito da música recoméndoche este canal de Youtube: https://www.youtube.com/user/pmoralesdelosrios/videos
Aquí poderás ver varias lecións de historia da música ilustrada. Anímote a intentes facer un na túa casa. Podes buscar información sobre algún compositor de música clasica ou referente do mundo da música folk, rock, etc. Logo, trasladar esta información a debuxos ou caricaturas e por último facer un vídeo. As creacións máis interesantes poderemos colgalas no Youtube do colexio.
Tarefas e actividades extracurriculares para o período de confinamento.
Por Elvira Fernández Pena
6º curso | Educación Primaria | 16/03/20
ESTAR ACTIVOS NESTRES DÍAS.
Como
expresan as Instrucións do 13/03/2020 en
relación co COVID-19 establecidas pola Xunta de Galicia, e tendo en conta
que estamos en período lectivo a pesar das circunstancias, paréceme de recibo
que as familias adiquen un tempo de actividade educativa que ademais favorecerá
que se manteñan rutinas e que todos estemos activos.
Non
se trata de atiborrar de actividades nestes tempos tan incertos, pero sí de
tomar responsabilidade e facer que este tempo de confinamento non sexa unha
escusa para deixar de crecer educativamente.
Preocúpame
especialmente o tempo que pasedes ante as pantallas, porque resulta un recurso
fácil, e entendendo que a convivencia nestes días é complexa propoño as
seguintes actividades para facer en familia. Cada quen no seu rol. Os nenos e
as nenas traballando cun horario o máis estable posible (preferiblemente de
mañá, para deixar a tarde para o ocio) e as familias, supervisando, apoiando e
favorecendo que estén activos na medida do posible.
Deixo o meu enderezo electrónico do
traballo por se tedes algunha dúbida
ou se queredes falar comigo, tanto alumnado (con supervisión, sempre) coma
familias. Estou a vosa enteira disposición. Verei o correo unha vez ó día, ás
9:00 horas da mañá e contestarei na prontitude que me permitan estas
circunstancias. Unha vez rematada esta etapa, non atenderei por esta vía, senón
polas mesmas que empregamos sempre.
As
familias coas que tiña titorías na data de mañá, día 17 de marzo, poden poñerse
en contacto comigo polo enderezo electrónico para ver como podemos telas ou ben
falar do máis imprescindible.
Grazas
pola vosa colaboración. Espero que estedes todos ben e vos envío moita forza e
ánimos para estas datas.
Propóñovos
varios proxectos para levar a cabo
nestes días que non terán carácter avaliable, pero sí serán beneficiosos
para o desenvolvemento das diferentes competencias.
Proxecto de competencia lingüística.
Para
traballar as áreas lingüísticas, propóñovos sumarvos ó reto literario do
docente José Martín Aguado #UnoPorDoce, que pretende facernos ler un libro cada
mes do ano. Aínda que estamos en marzo, podemos comezar neste punto, e cando
todo esto pase, decidiremos se queremos seguir con este reto.
Coma
vedes, para marzo, proponse ler un libro recomendado por un amigo, pero pode
ser calquera que te recomende alguén da túa familia e que teñas na biblioteca
da casa.
Despois
de ler o libro terás que facer un traballo cos mesmos requisitos que os que
solicitamos para o traballo do libro de Xulio Verne, solo que pola túa conta.
Lembra:
Traballo escrito co formato que queiras onde contemples os seguintes aspectos:
·
Resumo do libro.
·
Persoaxes
principais.
·
Opinión persoal.
A
lingua a realizar este traballo é opcional, pero recomendo facelo en galego
pois é o idioma que máis necesitades traballar, salvo algún caso concreto
galegofalante.
Deixo
tamén este reto por se as familias (nais, pais, avós, avoas, etc.) queren
sumarse. O exemplo é motivante.
E
estoutro por se hai pequenos na casa. Ler cos irmáns me parece un modo ideal
para traballar as linguas nestes días.
E
xa está. Ler e escribir. Pero, ollo! Este proxecto feito a todo correr non ten
sentido. Faino a conciencia e emprega o tempo necesario para traballar na obra
escollida, así sairás gañando.
Aínda
que non estou moi a favor do uso da tecnoloxía estes días, se queredes repasar materia dun xeito activo, recomendo as
seguintes páxinas web:
- https://www.aulafacil.com/ Para traballar a lingua castelá. Busca na marxe esquerda onde diga “Primaria” e pincha. Logo, na parte central onde pon “Lenguaje Primaria” e a continuación no teu curso. Poderás traballar aqueles aspectos que necesites.
- https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/primaria/primaria.html Para traballar a lingua galega. Recursos lúdicos para
a competencia lingüística.
- Recomendo moitísimo
o canal de Youtube do youtuber Alberto Bustos, para pasar o rato e aprender
moito de ortografía e redación de textos. Aquí: https://www.youtube.com/channel/UCbOeiqwzIjq8Z3spBDOQ6jw
Proxecto de competencia cultural e artística.
Para
eses tempos de ocio nos que non saibas que facer, propóñote que continúes co
proxecto artístico plástico do plaxio de obras de arte que temos na aula.
Déixote dúas propostas de Paul Klee para que realices coa técnica que queiras.
Procura esmerarte, non facer por facer, déixate levar pola creatividade e
reinventa. Non tes que empregar as mesmas cores, nin facelo igual.
Paul Klee.
Pintor
suizo de familia con tradición musical. Traballou dende correntes coma o
surrealismo, o expresionismo e a abstración.
Tocou
o violín na súa infancia.
Veuse
influenciado pola obra de Kandinsky.
As
características da súa obra son o emprego de moitas cores e tonalidades e o uso
de figuras planas básicas coma o cadrado, rectángulo, triángulo, etc.
Traballaremos con estas obras:
Aquí poderás ver varias lecións de historia da música ilustrada. Anímote a intentes facer un na túa casa. Podes buscar información sobre algún compositor de música clasica ou referente do mundo da música folk, rock, etc. Logo, trasladar esta información a debuxos ou caricaturas e por último facer un vídeo. As creacións máis interesantes poderemos colgalas no Youtube do colexio.
Por
último, algúns enlaces para que o tempo
de ocio sexa tamén aproveitado para desenvolver a competencia cultural e
artística. Todo opcional.
- Paseo virtual
polo Museo do Prado: https://www.museodelprado.es/recorrido/visita-virtual/742f132f-8592-4f96-8e5a-9dad8647bc4c
- Páxina do
Ministerio de Cultura e Deporte na que ofrecen teatro de xeito gratuito para
descarga persoal sen ánimo de lucro: http://teatroteca.teatro.es/opac/#resultados
-
Actividade
cultural online en familia: https://www.lacasaencendida.es/
Proxecto de
competencia social e cidadá:
Para o alumnado de Valores, pero
válido tamén para o alumnado con ensinanzas relixiosas:
14 curtametraxes sobre valores que empregamos nas aulas para entender a convivencia: https://www.atencionselectiva.com/2015/12/14-cortos-para-trabajar-la-convivencia.html
14 curtametraxes sobre valores que empregamos nas aulas para entender a convivencia: https://www.atencionselectiva.com/2015/12/14-cortos-para-trabajar-la-convivencia.html
Pode facerse o
visionado e debatir en familia.
Ánimo, familias. Sabemos o duros
que son estes días, e dende o colexio vos apoiamos e estamos aquí para o que
necesitedes. Estamos en contacto.
Comentarios
Publicar un comentario